“A ledicia do descubrimento é a máis viva da mente humna” Claude Bernard

XV Olimpíada de Xeoloxía. Cabo Ortegal.

O mércores 7 de febreiro 9 alumnos de 4º de ESO do IES Rafael Dieste participaron en Cedeira -Xeoparque cabo Ortegal- na XV Olimpíada de Xeoloxía

Alumnado

Nerea Cervera Rivera

Laura Bermúdez Fernández

Aroa Martínez Martínez

Román Rojo Campaña

Susana Doldán Añón

Samuel Rodríguez Teijeiro

Alexandre Pita Losada

Abel García Otero

Nicolás Barros Paz

Sede da proba: IES Cabo Ortegal (Cariño).

Aquí máis información.

Programa:
8:·30. Saída do instituto cara Cariño. Imos no bus cos compañeiros do Fernando Wirtz e Alfonso X. Grazas a profa Adela do Wirtz pola organzación.

10:30. Recepción de participantes no IES Cabo Ortegal (Cariño)
11:00-12:00. Proba teórica.
12:30- 14:00. Proba práctica (Xincana Xeolóxica). Esta proba realizarase en grupos de 3 ou 4 participantes.
14:15-15:00. Xantar.

15:00-17:00. Saída de campo guiada para coñecer puntos de interese xeolóxico do Xeoparque de Cabo Ortegal.
17:00-18:00. Entrega de diplomas e premios ao alumnado que obteña as mellores cualificacións. As distintas categorías de premios poden ser consultadas na web de AEPECT Galicia.
18:00. Peche da xornada.

19:30 Chegada a Coruña. (IES Rafael Dieste)  O alumno/a que acade a máxima puntuación na nosa sede, pasará á Fase Española, que terá lugar en Zamora o 13 de abril de 2024.

Material a levar: Calculadora, transportador de ángulos, compás (brújula, en castelán) e regra para a proba práctica (un por grupo é suficiente); Bolígrafo para a proba práctica e a teórica. Recoméndase levar zapato cómodo, ropa de abrigo e paraugas xa que a xincana terá lugar fóra do IES.

Pola mañá ao chegar ao IES Cabo Ortegal houbo a presentación, recibíronnos os organizadores de AEPETEC Galicia e as autorirades do Concello.

De aí saímos cara Cabo Ortegal onde se desenvolveu a xincana. Fixemos grupos de rapaces por centros. O entorno é marabilloso e o tempo pórtouse.

Houbo todo tipo de probas: Localización e distancias en mapa, liña de tempo xeolóxico, fósiles, fallas e afloramentos rochosos…

Despois de dúas estupendas horas de Xincana voltamos ao Instituto de Cariño para a realización da proba escrita individual.

Rematado o exame fomos a xantar, nin máis nin menos que a pizzería Il Vesuvio 🙂

Os rapaces fartaron de pizza, que foi un agasallo do Xeoparque Ortegal e tiveron tempo para sociabilizar cos compañeiros dos outros institutos, pois de eso tamén trata a Olimpíada.

Xa na tarde fixemos un recorrido polas distintas zonas do xeoparque para ver puntos de interese xeolóxico, guiados polo xeólogo Fran Canosa.(Rutas xeolóxicas de Galicia)

A primeira parada foi no Mirador de Vixía Herbeira para ollar a magnitude dos acantilados e explicar a formación destes, e do relevo de Galicia.

A seguinte parada foi na Pedreira onde, nunha pequeña explotación de Serpentinita, Fran explicou como a Peridotita, rocha do manto, degradase a Serpentinita (serpentina e magnetita)

Neste punto hai unha falla inversa, onde un dique de seixo aproveita para intruir e separa as rochas do manto; peridotitas das da base da codia; granulitas. As peridotitas teñen arsénico na súa composición e fan que a vexetación sexa menos vigorosa e as árbores menos abundantes.

A seguinte e derradeira parada foi en Chao do Monte, punto insigne do Xeoparque, onde podese observar o contacto manto-núcleo, discontinuidade de Moho, ao verse dun lado; ecloxitas (grises, con algún granate) e doutro; peridotitas (negras-verdes aída que parduzcas ao oxidarse o ferro)

Xa de volta ao instituto de Cariño, soubemos os resultados da Olimpíada.

Mellor grupo. Grupo mixto: IES Alfonso X O Sabio e o IES Concepción Arenal

Accésit de 4° ESO; Román Rojo #IESRafaelDieste

Terceiro premio; Diego Sánchez, IES Fernando Wirtz.

Segundo Premio; Iván Arca. IES Alfonso X.

Primeiro premio; Alejandro López, IES Concepción Arenal.

Y ata aquí a Olimpíada, moitas grazas aos organizadores. AEPECT Galicia.

Reseña na prensa: Un estudiante ferrolano se impone en la Olimpiada de Xeoloxía disputada en el Xeoparque Cabo Ortegal. La Voz de Galicia.

Máis fotos.


Posted

in

,

by

Tags:

Comments

Leave a comment

Design a site like this with WordPress.com
Get started