“A ledicia do descubrimento é a máis viva da mente humna” Claude Bernard

No MUNCYT con Sara García Alonso. 11F

O venres 9 de febreiro o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía do IES Rafael Dieste estivo con Sara García Alonso@astro_Sara astronauta en reserva da ESA no MUNCYT da Coruña onde veu para festexar con nós o #11F #DíaDaMullerEANenaNaCiencia.

Cartel de Sara García por Sofía Suárez

Tiñamos preparados algúns traballos, porque Sara, unha científica (bióloga) e astronauta, é para nós un referente nas nosas clases de ciencia.

Tríptico e marcapáxinas coa Bio de Sara García Alonso.

O encontro con Sara  García Alonso estivo encadrado nos actos conmemorativos que se celebraron en todo o mundo ao redor do Día da Muller e a Nena na Ciencia.

O Goberno de España a través do Ministerio de Ciencia, Innovacións e Universidades elixiu o MUNCYT da Coruña para festexar o evento.

Ao acto asistiron as seguintes autoridades:

Pedro Sánchez Pérez-Castejón. Presidente do Goberno de España.

Diana Morant Ripoll. Ministra de Ciencia, Innovación e Universidades.

Pilar Alegría Continente. Ministra de Educación, Formación profesional e Deportes.

Inés Rey García.  Alcaldesa da Coruña

 E a Corporación Municipal da Coruña

Levamos unas preguntas para Sara, e, engadimos unas máis cando soubemos a asistencia das Ministras de Ciencia e Educación.

AS NOSAS PREGUNTAS

  • Cando foi a primera vez que pensaches en ser astronauta?
  • Como soubeches que querías ser astronauta?
  • Que é o que máis che costou do entrenamento? (Físico e mental) 
  • Que tipos de entrenamento facedes?
  • Pensas que ti algún día poderas ir a Marte? (O que esto conleva de o rápido que vai a carreira espacial) 
  • Que opinas das teorías conspiranoicas de que nunca fumos a Lúa? Veñen do medo á tecnoloxía? Veñen do medo a outros países?
  • Cres que aínda fan falla referentes femeninos? O o que fai falla é outras cousas?
  • Por que queremos é gústanos ir ao espazo? Riquezas? Curiosidade?

Selecionadas e en castelán.

  • ¿Crees que aún hace falta referentes femeninos? ¿O lo que hace falta son otras cosas? (Ministra de educación o Sara García Alonso)
  • ¿Por qué queremos y nos gusta ir al espacio? ¿Riquezas? ¿Curiosidad? (Diana Morant Ripoll. Ministra de Ciencia, Innovación y Universidades. )
  • ¿Cuál fue el proceso de selección hasta llegar a ser candidata? ¿En qué consiste ahora tu formación como reserva , y es distinta a los astronautas titulares? (Sara García Alonso)
  • ¿Qué habría que cambiar en la educación obligatoria para potenciar que los adolescentes tengan más ganas de investigar?
  • ¿Por qué cree que hay estudios que tienen más prestigioso que otros? (Pilar Alegría Continente. Ministra de Educación, Formación profesional y Deportes)
  • ¿Qué opinas de las teorías conspiranoicas de que nunca fuimos a la Luna? Vienen del miedo a la tecnología? ¿Vienen del miedo a otros países?(a cualquiera de las tres)
  • ¿Qué tipo de colaboración tiene el gobierno de España en este momento con PLD Space, y si hay algún plan de futuro para potenciar su desarrollo? (ministra de Ciencia) 

Os rapaces viviron unha xornada moi distinta ao que están afeitos, chea de protocolo, pero tamén de conversas, risas e… un montón de anécdotas para contar na casa e amigos.

Enlaces a medios

Algunha foto máis.


Posted

in

, , ,

by

Tags:

Comments

Leave a comment

Design a site like this with WordPress.com
Get started