“A ledicia do descubrimento é a máis viva da mente humna” Claude Bernard

La genética en el Museo del Prado. Gonzalo Álvarez Jurado.

Xoves 7 de Marzo veu ao instituto Gonzalo Álvarez Jurado a falarnos de xenética. Mediante os cadros do Museo do Prado e outros, onde se representan a dinastía dos Habsburgo  (Casa de Austria), falou de Cosanguinidade, de fenotipo, de xenotipo…

Cartel de Diego Iglesias

Gonzalo Álvarez Jurado

Profesor Emérito ad Honoren pola USC

Naceu en Tui (Pontevedra, 1949)

É Doutor en Ciencias Biolóxicas (1978) e Catedrático de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987. Foi director do Departamento de Xenética da Universidade de Santiago de Compostela.

A súa actividade investigadora céntrase principalmente no campo da xenética de poboacións e evolución onde levou a cabo numerosos estudos experimentais con Drosophila como organismo modelo así como traballos teóricos. Tamén desenvolveu unha liña de investigación en bioloxía mariña e acuicultura con moluscos como o mexillón e a ostra plana.

Os seus traballos de proteómica do mexillón foron pioneiros na utilización da metodoloxía proteómica no estudo dos organismos mariños. Estes estudos en ciencia básica son de importante valor na economía e a galega en particular.

Máis recentemente iniciou unha liña de investigación interdisciplinar entre a Xenética e a Historia na que se utilizan as Dinastías Reais como laboratorios para o estudo da consanguinidade humana.

É autor de numerosas publicacións en revistas científicas edvulgativas en ciencia e dirixiu moitos Proxectos de Investigación así como numerosas teses.

O seu traballo xunto a Francisco Camiña Ceballos utiliza a dinastía real dos Habsburgo como un laboratorio da consanguinidade da humanidade. Para iso válese dos cadros dos grandes pintores que se expoñen e almacenan no Museo do Prado. A dinastía Habsburgo foi a que explotou a un nivel máximo a política matrimonial e, de feito, había unha divisa do emperador Maximiliano I, avó de Carlos V, que dicía: «Tú, Austria feliz, no hagas la guerra, cásate»

La Reina Mariana de Austria, por Velázquez, Diego Rodríguez de Silva

Eles estudan xenética nos cadros, porque a Historia da arte documenta esta situación perfectamente, sobre todo nos retratos.

Unha cousa que sempre resalta é que as enfermidades que padecían non nos debe levar a pensar que estaban atendidos por médicos ignorantes. Un deles, na época de Carlos V e a principio da época de Felipe II era Andrés Vesalio, fundador da anatomía moderna. E máis tarde, o que o substitúe como médico da Corte é Luis Mercado, catedrático da Universidade de Valladolid, que se considera o iniciador da xenética humana.

19/04/2013 González Álvarez y Francisco Camiña.

Un dos trazos destacados de estudo é o prognatismo. Os xenetistas de Santiago asesoráronse con cirurxiáns maxilofaciales do hospital universitario de Badaxoz, que dirixe Florencio Monxe. Eles analizaron os retratos dos reis Habsburgo, onde se observa que tiñan un elevado prognatismo mandibular e, doutra banda, unha deficiencia maxilar importante.

O estudo da consanguinidade nas poboacións humanas, segundo explican, “é imprescindible” para o das enfermidades raras, e a utilidade disto para a relación entre o xenotipado e fenotipado.

“A consanguinidade actúa a nivel do xenoma, por tanto toca todo e intervén en todo” aproveitando estes estudos para coñecer como funciona o xenoma.

A conferencia foi unha maxistral clase de xenética e arte.

Traballos previos.

Aquí traballos do alumnado

E aquí fotos da conferencia.


Posted

in

,

by

Tags:

Comments

Leave a comment

Design a site like this with WordPress.com
Get started